Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A12 B1 B3 B5 C3 C7 C8 Para o traballo individual de análise de fontes documentais os criterios de valoración serán:

-Claridade e concisión
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Achega propia sustentada no correspondente marco teórico

Todos os traballos valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 45% sobre a nota final de avaliación da materia.

45
Sesión maxistral A1 A11 A6 A7 A10 B1 B3 B5 C7 Valorarase a asistencia e participación na clase do alumnado presencial.
Para o alumando online valorarase a participación activa e razoada en foros/debates para cada tema a través de Moodle.
10
Traballos tutelados A1 A11 A12 A6 A7 A10 B2 B7 C1 C4 C8 C9 Os criterios de valoración do traballo escrito serán:
-Adecuada estruturación do traballo
-Claridade e concisión no desenvolvemento
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Orixinalidade das ideas propostas
-Viabilidade do plan
-Estética do documento

Os criterios de valoración das presentacións orais serán:
-Organización e capacidade de síntese
-Interese do contido
-Precisión e claridade de exposición
-Adaptación ao tempo (10 minutos)
-Estética do documento de presentación

Tanto o traballo escrito como a presentación oral valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 45% sobre a nota final de avaliación da materia.
45
 
Observacións avaliación

A revisión das calificacións da primeira oportunidade realizarase na terceira semana de xaneiro de 2021, previa solicitude a través de correo electrónico.

O sistema de evaluación será o mismo para ambas oportunidades.
Para a segunda oportunidade o prazo de entrega de todos os traballos será a segunda semana de xullo de 2021, e a revisión das calificacións na terceira semana de xullo 2021, previa solicitude a través de correo electrónico.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes