Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de plans de turismo. O papel das organizacións públicas e privadas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo de cada tema tanto na vía presencial como na via online, identificaranse os principais obxectivos a alcanzar, a secuencia lóxica que se seguirá na presentación de contidos, os coñecementos previos recomendados para facilitar o proceso de aprendizaxe e a bibliografía específica.
Sesión maxistral No caso dos alumnos presenciais explicaranse os coñecementos básicos da materia, empregando tanto fontes audiovisuais como documentais como soporte. Nestas sesións será necesaria a participación activa dos alumnos para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe.
No caso dos alumnos online disporan tanto das presentacións como dos arquivos de video e audio para o seguimento das clases. Neste caso a interacción será tanto por vía mail, telefónica e periódicamente mediante skype
Análise de fontes documentais A partir do programa da materia proporcionarase material audiovisual ou bibliográfico que sirva de referencia para desenvolver algunhas cuestións básicas que o alumno debe resolver para entregar ao profesor
Estudo de casos Un dos obxectivos da materia é a elaboración dunha análise crítica dunha proposta de política económica, concretamente dos plans a longo prazo propostos para España (2020), empregando a metodoloxía e os conceptos explicados na materia.
No que respecta ao estudo de cuestións xurídicas, irá acompañado da análise de casos prácticos relacionados coa interpretación de normas que nalgúns casos terán que ser a través de comentarios sobre xurisprudencia así como a redacción de documentos relacionados co procedemento administrativo aplicado ao ámbito turístico. Todas estas actividades terán un seguimento directo presencial o por contacto polas diversas vías sinaladas con alumnos da opción online
Obradoiro Nas clases prácticas, baixo a supervisión do profesor e empregando as metodoloxías antes mencionadas (lecturas, análises de fontes documentais, discusións ...) o alumno deberá realizar unha serie de exercicios prácticos. Todas estas actividades terán un seguemento directo en tutoriazación presencial e no caso dos alumnos online mediante o seguemento nos contactos telefónicos, por mail e periódicamente por skype.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes