Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Técnicas cuantitativas aplicadas ao turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia e a exposición detallada das actividades que deben desenvolver os alumnos e os criterios cos que serán avaliados.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Aínda que debe contar coa participación do alumnado, baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesor. Dita exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais, e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Modalidade online: Ofrécense ao alumno diferentes materiais teóricos / prácticos sobre os contidos da materia a través da plataforma Moodle, complementados coa utilización de medios audiovisuais, e exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Obradoiro Modalidade presencial: Cada obradoiro é una sesión interactiva na que se realizan aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Modalidade online: Plantéxase ao alumno a través da plataforma Moodle aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas que permiten comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes