Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Técnicas cuantitativas aplicadas ao turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A11 A3 A12 A6 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B8 B10 B9 B11 B12 C1 C2 C4 C6 C8 C9 Modalidade presencial: Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas e prácticas propostas polo profesor, que logo deberán completar e entregar.

Modalidade online: Os alumnos deberán resolver os problemas e prácticas propostas polo profesor a través da plataforma Moodle, que deberán completar e remitir a través da mesma.

A participación activa dos alumnos presenciais nas sesións e dos alumnos online en foros/debates en Moodle, suporá ata un 10% da nota final da materia.
100
 
Observacións avaliación
CRITERIOS XERAIS:

  • A materia divídese en tres temas. A cualificación das diferentes probas valorará cada tema de xeito proporcional ao seguinte: O primeiro tema suporá o 10% da nota final, o segundo o 40% e o terceiro o 50%. Para superar a materia é preciso obter unha puntuación global de 5 puntos ou máis.
  • A avaliación continua realizarase mediante tres prácticas (unha ao final de cada tema) que os alumnos presenciais poderán realizar nas sesións de obradoiro e os non presenciais entregarán a través da plataforma Moodle.
  • Os contidos das sesións maxistrais serán avaliados a través dunha proba obxectiva, tanto para os alumnos da modalidade presencial como da modalidade online. Para os alumnos da modalidade online dita proba realizarase a través de Moodle.
  • A cualificación de Non presentado corresponde únicamente aos alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.

Estará dispoñible, a través da plataforma Moodle, material complementario de cada tema, no que se especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes