Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Elaboración de plans estratéxicos de desenvolvemento turístico: estrutura, contidos e metodoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A11 A2 A3 A4 A8 B2 Unha parte sustancial da materia será avaliada na redacción dun plan sobre un destino ou produto. Cada alumno elixirá un destino para elaborar un plan ao longo do curso para que cada parte das análises e metodoloxias propostas na clase teñan o seu reflexo nel, tanto á análise exterana e interna como a proposta de estratexias y produtos. 50
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B3 B4 B6 B7 B8 B9 Realizarase e defenderá o traballo final sobre a elaboración dun plan. O obxectivo desta defensa é presentar os resultados finais do traballo e comentar as propostas desenvolvidas para o caso específico que escolleu o alumno. 25
Análise de fontes documentais A11 A4 A6 A10 A8 B1 B2 B3 B12 C3 C2 Unha parte da materia será avaliada mediante o estudo e análise crítico de planes actualmente vixentes. Así por exemplo, estudaranse tanto o actual plan turístico español e o galego. O fin de este traballo e a análise dos procesos explicados na teoría na posta en práctica de un plan concreto. Aqueles alumnos extranxeiros poderan escoller plans do seu país de orixe para esta análise. 25
 
Observacións avaliación

A materia ten un carácter eminentemente práctico, polo tanto, realizarase a avaliación do traballo de planificación turística realizado polo alumno. Neste senso, pódese considerar unha avaliación continua, xa que as tarefas desenvolvidas serán monitoreadas periódicamente para comentar  progresos e dificultades. No caso dos alumnos presenciais, este seguimento farase directamente nos obradoiros donde o contacto será continuo. No caso dos alumnos a distancia o traballo ten carácter individual pero o seguimento farase por un contacto semanal tanto por vía telefónica como por skype donde plantexarnse tanto os avances no proxecto como as dúbidas. Neste último caso a defensa do proxecto farase por vía telemática.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes