Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos no espazo litoral e de cruceros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A11 A5 A12 A6 A7 B2 B3 B11 C1 Durante o curso académico realizarase unha A asistencia e participación activa nas clases (20%) é obrigatoria e valórase tendo en conta a involucración do alumnado nas sesións presenciais (modalidade presencial) ou a participación activa e razoada nos foros/chats virtuais ou similares (modalidade online). 20
Solución de problemas A5 A6 B2 B3 B5 B9 C2 C9 O problema/exercicio final de contido (40%) é obrigatorio e individual e consiste na realización dunha proba de coñecementos sobre o contido da materia á que hai que dar resposta xustificada a unha serie de preguntas curtas. Este exercicio adoita estar dispoñible habitualmente a partir da última clase da materia e, posteriormente, entregarase no prazo máximo de 15 días (1ª oportunidade) ou como mínimo 15 días antes do peche de actas do mes de xullo (2ª oportunidade).
40
Traballos tutelados A11 A12 A6 A7 A9 B1 B2 B5 B6 B8 B10 B12 C3 C4 C8 A avaliación continua do traballo realizado ao longo do desenvolvemento da materia. O desenvolvemento do traballo representa o 40% da nota final.
Na valoración do traballo teranse en conta os seguintes aspectos Orixinalidade, aplicación dos fundamentos, calidade da redacción e utilización de fontes bibliográficas.
Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no traballo tutelado.
40
 
Observacións avaliación
O traballo tutelado (40%) ten carácter voluntario e, para iso, o alumno ten que elixir antes da última clase se opta pola realización deste traballo que no caso final de non entregalo terá unha repercusión negativa na nota final de dous puntos (-2). Pódese realizar de forma individual (alumnos da modalidade online) ou en grupo de 2-3 persoas (alumnos da modalidade presencial ou tamén alumnos online) e versará sobre un estudo dun caso concreto, unha proposta sobre a creación e o desenvolvemento dun sistema de xestión dun destino e/ou novo produto turístico ou calquera outro tema relacionado coa materia que o alumno considere do seu interese. En calquera caso, ao optar por esta alternativa de avaliación o alumno ten que propor a temática do traballo a realizar e o profesor da materia comunicará a aceptación do mesmo, a súa modificación ou a necesidade dunha nova formulación. A entrega final realizarase durante a segunda quincena do mes de abril (1ªoportunidade) ou como mínimo 15 días antes do peche de actas do mes de xullo
(2ª oportunidade). Posteriormente, facilítase máis información sobre posibles temáticas e unha orientación da estrutura do seu Contido.

É importante ter en conta que as alternativas de avaliación escollidas polo alumno para a primeira oportunidade manteranse tamén para a segunda oportunidade.

Durante a primeira quincena do mes de maio facilitaranse as cualificacións finais provisionais e unha posible data de revisión/discusión das mesmas na segunda quincena (1ª oportunidade); así como,
aproximadamente unha semana antes do peche de actas no mes de xullo (2ª oportunidade).

No entanto, e a pesar do sistema de avaliación proposto anteriormente, ao comezo do curso académico, na presentación da materia, pódese expor outro tipo de repartición porcentual entre as distintas metodoloxías. Por outra banda, poderanse obter cualificacións adicionais en función do exposto no seu momento polo profesor da materia. 

O traballo ten que ser de elaboración persoal/grupal e, en todo caso, poderá conter un resumo de datos, non unha simple copia e pega de datos consultados. Será necesario indicar tamén no propio texto as fontes bibliográficas consultadas e ao final do documento recollelas todas elas no apartado de bibliografía.

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da Guía, e un traballo a consensuar cos profesores da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes