Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de saúde e termal
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de saúde e termal Código 615524015
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Profesorado
Meijide Failde, Rosa
Rodríguez Carro, Carlos
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
carlos.rodriguez3@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse os aspectos mais relevantes relacionados co turismo de saúde. Estúdase o turismo de saúde incluíndo o turismo médico dando unha visión da súa actualidade mundial. O alumno será quen de identificar os diferentes productos e destinos do turismo de saúde. Tratarase asimesmo o turismo de saúde vinculado aos espazos litorais Antes de comezar o curso se entregará o seguinte material: - Presentacións explicando os contidos da materia - Criterios a seguir para a evaluación
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Lecturas Recensión bibliográfica Traballo tutelado Estudo de casos Presentación oral *Metodoloxías docentes que se modifican Saída de campo (non se realizará. e as avaliacións destes coñecementos se incorporan á metodoloxía dos traballos tutelados) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente (de luns a venres). Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de "foros temáticos" asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai "foros de actividade específica" para desenvolver as "Discusións dirixidas" a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. - Teams: 1 sesión en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Se modifica a avaliación da saída de campo incorporándoa á dos traballos tutelados. *Observacións de avaliación: Manterense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes