Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Prácticas Externas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 615524021
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Calo Garcia, Estefania
Correo electrónico
estefania.calo@udc.es
Profesorado
Andrade Suarez, Maria Jose
Calo Garcia, Estefania
Santiago Gómez, Elvira
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
estefania.calo@udc.es
elvira.santiago@udc.es
Web http://http://www.sociologia.udc.es/es/
Descrición xeral As prácticas externas son unha actividade de carácter formativo e obrigatorio que se realiza por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nunha entidade non gubernamental, nun organismo, institución administrativa, económica ou profesional ou nun centro de investigación (de natureza pública ou privada). O/a estudante en prácticas é aquel/a que, unha vez superado polo menos o 75% dos créditos ECTS da titulación, solicitou formalmente a súa incorporación ao Programa de Prácticas e recibiu por parte do coordinador /a do devandito programa, a asignación correspondente da institución onde realizará as prácticas, do/a seu/súa titor/a en devandita institución, así como do/a titor/a que se encargará da súa supervisión académica. Cada curso académico, dende a coordinación das prácticas, abrirase un prazo para que o alumnado solicite a realización das mesmas, para o cal se disporá dunha listaxe dos centros cos que existe convenio. Ao comezo do período de prácticas, o alumnado acordará coa persoa coa persoa que exerza a tutorización na entidade externo o horario e calendario específicos das prácticas, segundo os horarios habituais do centro. As prácticas externas poderán ser realizadas a través da modalidade de teletraballo previo acordo coa entidade seleccionada.
Plan de continxencia • Metodoloxías docentes que se manteñen Non hai metodoloxía docente • Metodoloxías docentes que se modifican Non hai metodoloxía docente Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta: mail Temporalización: no horario de titorías que aparecerá na web a inicios de curso. Observacións de avaliación no caso de non poder ter completado as prácticas por motivos excepcionais: 1. Para as personas que realizaran parcialmente as prácticas (esto es, que non pudieran completar las 275 horas previstas debido á interrupción das actividades da entidade): a. 40% A avalación do/a titor/a da organización consistirá en contestar a un cuestionario no que se recollen aspectos relacionados co ámbito profesional, a puntualidade, a laboriosidade, a adaptación ao medio, as relacións humanas e a motivación entre outros. b. 60 % Memoria de prácticas na que se describa a práctica 2. Para as personas que non podan comezar as prácticas por motivos de excepcionalidade como o covid-19: Terán que realizar un traballo de reflexión.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes