Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Políticas sociais en perspectiva comparada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas nas que se explicarán os principais contidos de cada unidade didáctica. Asignaranse unha serie de lecturas que serán necesarias para o debate e participación na clase.
Proba práctica Ao final de cada unha das Sesións I, II e III realizarase unha proba práctica avaliable que consistirá na elaboración dunha reflexión crítica sobre un tema relacionado con cada un dos contidos das sesións (coa extensión e formato de letra indicados en moodle). Esta proba práctica entregarase a través da entrega de tarefas de Moodle en formato .PDF; nun arquivo cuxo nomee identifique ao/á estudante. Estas tres probas terá un peso de 10% (proba 1), 10% (proba 2) e 20% (proba 3) e representarán en conxunto o 30% da nota final da materia. As tres probas deberán estar entregadas no formato e vía sinalada nas datas establecidas pola profesora no primeiro día do curso. Estas datas indicaranse no calendario moodle da materia.

O alumnado pendente de aprobar a materia na segunda oportunidade poderá entregar as tres prácticas en calquera momento do segundo cuadrimestre, contactando previamente coa profesora e tendo en conta as limitacións de prazos sinalados pola actas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes