Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Dimensión ética e procesos educativos na acción social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B13 B14 B18 B19 B20 B21 B22 C1 C5 C6 C7 Recolle as prácticas, reflexións, estudos de casos... arredor dos contidos abordados nas diferentes sesións. Algunhas actividades serán de elaboración individual e outras obxecto de traballo grupal.
Valorarase: a capacidade de análise e reflexión en relación aos contidos abordados na materia; o grao de profundidade e da argumentación; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización das fontes documentais da materia; e a presentación.
70
Seminario A1 A2 B2 B20 B21 B22 C1 C2 C4 C6 Valorarase a participación nas sesións presenciais e virtuais a través dos foros, especificamente no que se refire a:
- Comprensión dos contidos abordados.
- Apoio na documentación traballada.
- Calidade das argumentacións (coherencia lóxica, capacidade explicativa...).
- Creatividade das achegas.
- Capacidade de establecer conexións coa experiencia (exemplificación).
- Problematización e cuestionamento.
- Claridade e corrección lingüística.
30
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira: seminario e cartafol.

A cualificación do seminario/participación online, non é recuperable para a segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na primeira oportunidade, derivada da participación no proceso de desenvolvemento da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes