Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
Estes oobradoiros poderán ser presenciais ou online.
Proba mixta Podera constar de resolución de problemas, preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple. Ao longo do curso faranse varias probas mixtas.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial.
Sesión maxistral Traballaranse activamente os temas do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos e outras actividades prácticas. A orde das sesións poderá sufrir algúns cambios en función da asistencia de conferenciantes invitados/as para tratar estudos de casos ou experiencias concretas.
Lecturas Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e os comprendan en base aos coñecementos e ás ferramentas da análise económica e social, que se estudian na materia.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Proba obxectiva Realizaranse probras durante o transcurso do curso (que poderán ser realizadas de forma presencial ou mediante a plataforma virtual), para que o estudiantado poda ter un seguemento continuo do seus progresos.
Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Ao longo do curso faranse sete probas obxectivas, correspondendo unha ao apartado de introducción, tres ao apartado de microeconomía e tres ao apartado de macroeconomía.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes