Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 A5 A8 B2 B3 B8 B10 B20 B21 C3 Valoraranse coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en cuestións de tipo teórico ou práctico.
Realizaranse probas obxectivas ao longo do curso.
Forma parte da avaliación continua.
As probas poderán ser realizadas presencialmente ou online a través da plataforma Moodle.
70
Proba mixta A1 A2 A5 A6 A7 A8 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B13 B14 B17 B20 B21 C5 C6 C7 Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas polo equipo docente.
Realizaranse probas mixtas ao longo do curso.
Forma parte da avaliación continua.
As probas poderán ser realizadas presencialmente ou online a través da plataforma Moodle.
30
 
Observacións avaliación

Realízanse a seguintes observacións:

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao/á alumno/a, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. En todas elas a avaliación continua pondera o 100% e as probas requiridas estarán a disposición dos/as estudantes na correspondente convocatoria. 

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: dado que a avaliación e continua a o 100%, estes/as estudantes deberán realizar todas as probas propostas, acordándose ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

4. Sobre condicións de avaliación final: será correspondente a acadada mediante avaliación continua e todas as probas deberán ser cumprimentadas con data límite fixada.

5. Identificación do estudante: O/a estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes