Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Identidade, alteridade e interseccionalidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O conxunto de textos e documentación escrita que se presenta como fonte de profundización obrigatoria e/ou opcional dos contidos traballados.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase magistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección magistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes digitales dispoñíbeis.
Discusión dirixida Modalidade presencial: Presentación e comentario en clase dos textos asignados a cada estudante ou a cada grupo de estudantes. Á discusión –coordinada polas profesoras– sumaranse voluntariamente as/os estudantes.

Modalidade virtual: No caso das persoas que cursan a modalidade on-line, a participación a distancia queda habilitada a través de comentarios introducidos na plataforma Moodle (ver Foro virtual). A participación a distancia en directo nos debates que se xerarán na aula dependerá da dispoñibilidade de recursos técnicos de gravación e retransmisión en directo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia, con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos/das outros/as integrantes do grupo.
Estudo de casos Metodoloxía no que o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Modalidade presencial: Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expoñendo temas, conceptos, principios, traballos, experiencias e feitos; propoñendo cuestións varias; comentando textos; e realizando aclaraciones de forma dinámica.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes dixitais dispoñíbeis.
Foro virtual [Só para o alumnado matriculado na modalidade on-line]

Espazo de discusión formal e informal destinado ás/aos estudantes en cuestión para o tratamento dun ou máis temas ou problemas. Desenvólvese a través dunha contorna virtual de aprendizaxe (Moodle e/ou email) mediante ferramentas de comunicación asíncrona.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou innocua que si se levase a cabo sobre o fenómeno orixinal ou na realidade. O suxeito asume unhas condicións hipotéticas nas cales próbase o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, xa que logo, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do/da profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado.

Para o traballo final, cada estudante elixirá un dos dous tipos de traballo seguintes:

1) Unha análise textual de documentos (lecturas e/ou gravacións) na que se ofrece unha radiografía explicativa e sintética dun tema, problema ou caso real relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade. Nesta análise propoñeranse posíbeis vías de abordaxe, mediación ou intervención. Así mesmo, o traballo debe incluír referencias a outros estudos pertinentes, e a algúns dos conceptos chave e orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase. O traballo debe estar debidamente fundamentado, e polo menos un 50% das fontes referenciadas nel deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase, en Moodle, nas "Fontes de información" desta Guía docente, ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado on-line. Os requisitos para a estrutura do traballo encóntranse en Moodle.

2) A produción dun documento audiovisual que, hipotéticamente, se fará público. Nesta gravación, presentarase de forma creativa e dinámica un tema, problema ou caso relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade, así como posíbeis vías de abordaxe, mediación ou intervención, a propia gravación sendo unha destas vías. A gravación irá acompañada dun traballo descritivo e analítico, no que se afondará de xeito explicativo e sintético noutros estudos pertinentes, e nalgúns dos conceptos chave e das orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase e reflectidas na gravación. O traballo debe estar debidamente fundamentado, e polo menos un 50% das fontes referenciadas nel deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase, en Moodle, nas "Fontes de información" desta Guía docente, ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado on-line. Os requisitos para a estrutura do traballo encóntranse en Moodle.

*Débese consultar a información completa sobre a avaliación do traballo na plataforma Moodle da materia.

Modalidade virtual: No caso das persoas que cursen o máster on-line, realizaranse titorías virtuais nas que se consultarán e se revisarán distintos aspectos do traballo. Este proceso servirá, así mesmo, para coñecer á/ao estudante en cuestión e para garantir a súa identidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes