Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consta de dúas partes que serán titorizadas coordinadamente polas profesoras:
1.Deseño dunha proposta de investigación con estudo de caso aplicada á unha temática e/ou escenario específico.
2.Deseño dunha técnica cualitativa de recollida de datos, incluida no devandito deseño de estudo de caso, incluíndo a súa posta en práctica e a análise e interpretación do material empírico producido.

O traballo será explicado na aula e se subirán as instrucións concretas sobre a súa realización á Moodle, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo.

No caso de alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e/ou asistencia para o seguimento na realización deste traballo. Este alumnado poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (Skype ou correo electrónico) e deberá agruparse por parellas para desenvolver este traballo (véxanse excepcións no apartado de Recomendacións).
Seminario Asociado ao desenvolvemento dun seminario cualitativo realizarase unha actividade relacionada co seguimiento de procedementos básicos en Atlas.ti. Esta actividade deberá ser completada en parellas ou grupos de tres persoas e poderá finalizarse fóra das sesións.

As instruccións para a resolución da actividade serán facilitadas nas sesións presenciais e a través dun documento escrito dispoñible na plataforma Moodle, coa fin de que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line.

O alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (vía Skype ou correo electrónico). Esta actividade resolverase en parellas ou en grupos de tres persoas.
Sesión maxistral As profesoras introducirán os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida) e requerirán a revisión previa dos documentos (textuais, audiovisuais, etc.) obrigatorios que, xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma Moodle para o alumnado de ambas modalidades.
Discusión dirixida Nas sesións de aula, de modo paralelo á introducción temática por parte das profesoras, levaranse a cabo discusións dirixidas con base nos documentos obrigatorios (textuais, audiovisuais, etc.) e/ou outros considerados de interese polo alumnado ou as profesoras.

Para o alumnado da modalidade on-line ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poranse a disposición os documentos a través de Moodle e faciltarase a súa participación no debate a través de foros virtuais. Nestes participará indistintamente alumnado de ambas modalidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes