Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Subjects
  Qualitative techniques for the analysis of discourses and social realities
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Consta de dúas partes que serán titorizadas coordinadamente polas profesoras:
1.Deseño dunha proposta de investigación con estudo de caso aplicada á unha temática e/ou escenario específico.
2.Deseño dunha técnica cualitativa de recollida de datos, incluida no devandito deseño de estudo de caso, incluíndo a súa posta en práctica e a análise e interpretación do material empírico producido.

O traballo será explicado na aula e se subirán as instrucións concretas sobre a súa realización á Moodle, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo.

No caso de alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e/ou asistencia para o seguimento na realización deste traballo. Este alumnado poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (Skype/Teams ou correo electrónico) e deberá agruparse por parellas para desenvolver este traballo (véxanse excepcións no apartado de Recomendacións).
Guest lecture / keynote speech As profesoras introducirán os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida) e requerirán a revisión previa dos documentos (textuais, audiovisuais, etc.) obrigatorios que, xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma Moodle para o alumnado de ambas modalidades.
Directed discussion Nas sesións de aula, de modo paralelo á introducción temática por parte das profesoras, levaranse a cabo discusións dirixidas con base nos documentos obrigatorios (textuais, audiovisuais, etc.) e/ou outros considerados de interese polo alumnado ou as profesoras.

Para o alumnado da modalidade on-line ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poranse a disposición os documentos a través de Moodle e faciltarase a súa participación no debate a través de foros virtuais. Nestes participará indistintamente alumnado de ambas modalidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes