Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Prácticas externas/615525028
Deseño de proxectos e traballos de investigación/615525029
Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031
Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais/615525010

Observacións
  1. Ao ser unha materia de carácter obrigatorio será cursada por todo o alumnado matriculado no mestrado. Os requisitos de acceso son os xerais de admisión no mestrado.
  2. O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá revisar regularmente a plataforma Moodle e consultar os documentos obrigatorios.
  3. É obrigatorio resolver as actividades de modo razoado, apoiándose e argumentando con base nos documentos propios da materia e outros que podan ser considerados de interese. Seguiranse de modo escrupuloso os requisitos establecidos na normativa APA (6ª edición), que de modo sintético aparecerán reflictidos en guías que as profesoras facilitarán ao alumnado ao inicio de curso.
  4. O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final ou a consideración de "suspenso". Deberán revisarse os contidos relativos á prevención do plaxio nas guías que serán facilitadas polas profesoras ao inicio do curso.
  5. A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital.
  6. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoras e autores, propiciarase a intervención en clase de todo o alumnado, etc. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  8. No caso do alumnado presencial será obrigatorio crear parellas ou grupos de tres persoas para a resolución das actividades. Porén isto non implica que a cualificación de todas as persoas que compoñan o grupo sexa a mesma. 
  9. No caso de alumnado on-line será obrigatorio crear parellas para a resolución de actividades. En situacións excepcionais, e previa aprobación das profesoras, poderá optarse pola realización do traballo de modo individual.
  10. Dado o carácter da materia, é necesaria a realización dun seguimento regular das actividades encomendadas polo que o alumnado deberá xestionar o desenvolvemento de titorías durante o cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes