Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Subjects
  Qualitative techniques for the analysis of discourses and social realities
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Traineeship/615525028
Research design and proposal/615525029
Master Thesis/615525031
Participatory action research, community action and management of social organizations/615525010

Other comments
  1. Ao ser unha materia de carácter obrigatorio será cursada por todo o alumnado matriculado no mestrado. Os requisitos de acceso son os xerais de admisión no mestrado.
  2. O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá revisar regularmente a plataforma Moodle e consultar os documentos obrigatorios.
  3. É obrigatorio resolver as actividades de modo razoado, apoiándose e argumentando con base nos documentos propios da materia e outros que podan ser considerados de interese. Seguiranse de modo escrupuloso os requisitos establecidos na normativa APA (6ª edición), que de modo sintético aparecerán reflictidos en guías que as profesoras facilitarán ao alumnado ao inicio de curso.
  4. O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final ou a consideración de "suspenso". Deberán revisarse os contidos relativos á prevención do plaxio nas guías que serán facilitadas polas profesoras ao inicio do curso.
  5. A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital.
  6. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoras e autores, propiciarase a intervención en clase de todo o alumnado, etc. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  8. No caso do alumnado presencial será obrigatorio crear parellas ou grupos de tres persoas para a resolución das actividades. Porén isto non implica que a cualificación de todas as persoas que compoñan o grupo sexa a mesma. 
  9. No caso de alumnado on-line será obrigatorio crear parellas para a resolución de actividades. En situacións excepcionais, e previa aprobación das profesoras, poderá optarse pola realización do traballo de modo individual.
  10. Dado o carácter da materia, é necesaria a realización dun seguimento regular das actividades encomendadas polo que o alumnado deberá xestionar o desenvolvemento de titorías durante o cuadrimestre.

Ferramenta

Temporalización

 

Microsoft Teams (en casos de limitacións coa conexión poderá valorarse o emprego de Zoom ou ferramentas análogas).

 

·     Sesións síncronas (correspondentes co horario facilitado ao inicio do curso) con gravacións dispoñibles en Microsoft Stream.

·     Sesións de titoría semanais (de acordo aos horarios oficiais) e tamén a petición do alumnado en función das súas posibilidades de conectividade.

·     Sesións de revisión de traballos e/ou borradores.

Moodle

·     Subida semanal de presentacións empregadas nas sesións.

·     Repositorio documentos de lectura obrigatorios, complementarios e de apoio.

·     Comunicación de dúbidas vía foros específicos.

·     Subida de fichas e orientacións para a elaboración de traballos.

·     Entrega de traballos.

·     Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes