Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción.
En base á análise previa de fontes documentais e/ou ao desenvolvemento de fases do traballo de investigación, promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas.
Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar.
A discusión dirixida poderá desenvolverse de forma presencial (nas sesións de aula) ou virtual (a través dos foros de Moodle ou Teams).
Aprendizaxe colaborativa Destinaranse sesións a aprender e aplicar técnicas participativas de análise de realidades sociocomunitarias, deseño e avaliación de propostas de IAP.
Poderase desenvolver de forma virtual a través de sesións síncronas de traballo colaborativo mediante Teams.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo de investigación que consiste nunha recollida e análise de datos de campo e no deseño dun proxecto de investigación acción participativa que dea resposta a algunha das necesidades identificadas.
No desenvolvemento do traballo haberá que entregar informes de seguimento que poderán ser obxecto de traballo na aula ou en sesións de titorías.
En caso de novo estado de alarma modificaranse as pautas do proxecto de IAP no que respecta ao apartado de traballo de campo, empregando metodoloxías que se poidan desenvolver de forma virtual.
Sesión maxistral Destinada á exposición oral por parte da docente responsable na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento.
As sesións maxistrais serán gravadas en vídeo co apoio de presentacións, e estarán accesibles no Moodle.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico, como instrumento na discusión dirixida, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas, etc.
O dossier de lecturas obrigatorias e para afondar, estará dixitalizado e accesible no Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes