Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A7 A8 B2 B6 B7 B13 B14 B19 C1 C4 C5 Valorarase: descrición clara e fundamentada do problema de partida e da proposta de IAP (fases e cronograma), xustificando suficientemente a relevancia desta proposta metodolóxica; grao de detalle e profundidade do diagnóstico (descrición adecuada e suficiente da proposta metodolóxica; categorías coherentes coa información recadada e a temática de estudo; análise en profundidade triangulando técnicas empregadas e voces; caderno de campo descritivo e reflexivo; cartografía social ben representada; entrevistas transcritas); calidade técnica e carácter inclusivo da proposta de devolución e deseño participativo do plan de acción (formulación clara e operativa de obxectivos, detalle na descrición das actividades, temporalización racional, definición axeitada da avaliación, metodoloxía sinérxica e dialóxica); apoio en fontes documentais. 80
Discusión dirixida B1 B12 B14 B18 C4 C5 C6 C7 Valorarase a participación nas sesións presenciais e/ou debates e actividades online habilitadas no Moodle, no que respecta a: o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística.
Así mesmo terase en conta a entrega en tempo e forma dos informes de seguimento do proxecto de IAP.
20
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira: discusión dirixida e investigación.

A
cualificación da discusión dirixida non é recuperable para
a segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na
primeira oportunidade, derivada da participación no proceso de
desenvolvemento da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes