Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Integración e convivencia intercultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Destinada á exposición oral por parte da/s docente/s responsable/s na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais).
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Traballos tutelados O alumnado desta materia participará no Grupo de Innovación Docente "Mapa das linguas na/da Coruña" (MaLinCo). O seu tarefa relacionada co traballo colectivo do GID será de deseñar unha acción social de sensibilización sobre a diversidade lingüística e cultural da cidade da Coruña.
A materia avaliarase a través dunhas proposta de acción /ou investigación que conformará un traballo tutelado. A xustificación e el deseño da proposta versarán sobre o material tratado nas sesións maxistrais e discusións dirixidas.
Discusión dirixida Destinaranse sesións á introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción. Promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas. Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar. A discusión dirixida poderá desenvolverse de forma presencial (nas sesións de aula) ou virtual (foros).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes