Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Integración e convivencia intercultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A13 B4 B18 B22 C5 Valorarase a participación nas sesións de aula e nos foros virtuais, no que respecta a: a súa elaboración antes da data limite establecida, o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística. 20
Traballos tutelados A4 A5 A6 A11 A14 B1 B2 B5 B14 B18 B19 B20 C1 C5 C6 C7 Proposta de proxecto
Valorarase: calidade da descrición e grao de profundidade na análise das realidades e respostas políticas e sociais, calidade e viabilidade da proposta; apoio en fontes documentais complementarias e actuais; uso dunha linguaxe propia do contexto académico e científico; aspectos formais relativos á calidade da presentación.
80
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira: proposta de proxecto e discusión dirixida.

A
cualificación da discusión dirixida non é recuperable para
a segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na
primeira oportunidade, derivada da participación no proceso de
desenvolvemento da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes