Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Xénero e sexualidade. Desafíos e respostas
   Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CEG1 - Demostrar coñecementos avanzados sobre a evolución histórica da discriminación das mulleres e dos marcos ideolóxicos e teóricos que xustifican e confrontan as desigualdades de xénero.
A16 CEG2 - Dominar as ferramentas conceptuais e metodolóxicas para identificar e analizar os mecanismos de exclusión e a vulnerabilidade vinculados ás áncoras patriarcais do sistema social.
A17 CEG3 - Aplicar a perspectiva de xénero como enfoque epistemolóxico e metodoloxía de investigación e de intervención sobre a realidade social.
A18 CEG4 - Examinar contextos e situacións de violencia e discriminación de xénero e sexual desde unha perspectiva teórica complexa e comprometida.
A19 CEG5 - Explicar os principios básicos que orientan os distintos tipos de políticas de igualdade desenvolvidos e as claves para avaliar a súa eficacia.
A20 CEG6 - Actuar como profesional competente e cualificado/a no ámbito do diagnóstico, o desenvolvemento e a xestión de políticas de igualdade de xénero.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes