Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Orientación socioeducativa para a igualdade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B22 C1 C3 C5 C7 O portafolio recolle as actividades que van computar para a avaliación e que serán propostas polo profesorado da materia ó comezo de cada módulo. Os estudantes non presenciais presentaran un portafolio acordado coas actividades que indica cada profesorado que imparte cada módulo (deben poñerse en contacto co mesmo. Habilitarase un apartado e moodle) e as/os estudantes online presentarán un portafolio coas actividades que indique o profesorado (habilitarase un apartado en moodle). Para aprobar a materia todas/os estudantes hai que ter superadas todas as actividades . O peso na cualificación final de cada módulo é a seguinte:


-15% o módulo I (tema 1 e 2)
-30% o módulo II (tema 3 e 4)
- 10% para o módulo III (tema 5)
-45% para o módulo IV (tema 6)
100
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia (exposta
no apartado da guía docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase
en conta antes de nada o seguinte:

 

a)ESTUDIANTES QUE
ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado con dispensa académica) (estudantes
presenciais)
 considéranse que asisten un
80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as
faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado)
e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo
onde se xustifique que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outra
falta sempre co documentación homologado. A asistencia ás clases será
contabilizada polo profesorado presencialmente, unicamente virtualmente por
moodle pola crise sanitaria. Non se poderá ter máis de dúas faltas de
asistencia en cada unha das partes da materia (técnicas de recollida e técnicas
de análise).

A avaliación destes alumnos ten
en conta unicamente o portafolio

 

Nota aclaratoria:

Estes estudantes seguirán sendo
presenciais (nas mesmas circunstancias ou perderán dita categoría) se, por mor
da crise sanitaria, as clases son virtuais. Xa que as clases son virtuais
sempre a través de teams. Para elo, o profesorado configurará en teams o grupo e
terán clases no mesmo horario que foi aprobado na xunta de facultade. A
avaliación, nestas circunstancias (crise sanitaria), será sempre polo
portafolios

 

b)ESTUDANTES QUE NON
ASISTAN SEMPRE A CLASE (estudantes non presenciais)
  OU
ESTUDANTES ONLINE
considéranse que non asisten
cando faltan máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar, ou
ben ten máis de dúas faltas nunha das partes da materia (técnicas de recollida
e/ou análise da información). Se xustifica as faltas médicas (con xustificante
correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con
xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas
de clase se está a traballar), aínda que en ningún caso estes xustificantes
suporán a posibilidade de realizar as actividades das clases fóra de prazo.
Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio da materia, xa que
na matricula optan pola forma online.  Estes
estudantes se presentarán un portafolio específico que aparecerá explicado en
cada módulo da materia. Estes estudantes ao inicio da materia debe poñerse en
contacto individualmente co profesorado responsable de cada módulo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes