Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Aspectos socioeconómicos da vellez
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións maxistrais consisten nas clases teóricas para as cales serán necesarias as lecturas e o debate na aula.
Estudo de casos Unha parte da avaliación teórica consistirá no estudo dun caso; onde un grupo de estudantes necesitará buscar fontes estatísticas nas bases de datos indicadas; elaborará os indicadores analizados en clase e presentará os resultados cuantitativos en clase.
Discusión dirixida Durante as sesións maxistrais fomentarase o debate e a discusión dirixida tomando como base as explicacións de clase, vídeos e lecturas propostas.
Proba práctica A proba práctica consistira na elaboración dun traballo en grupo de como máximo 3 persoas (extensión máxima 10 páxinas) onde se utilizarán os conceptos teóricos e prácticos traballados durante o curso en torno aos aspectos socioeconómicos da vellez. O estudo de caso servirá de base para este traballo. As bases deste traballo explicaranse durante a asistencia a titorías.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes