Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Deseño de proxectos e traballos de investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B3 B6 B13 B15 B17 C3 C5 C6 C7 Traballo individual que consiste no deseño dun proxecto de investigación social aplicada.
Cada alumno/a elixirá un tema monográfico sobre o que realizar o traballo sobre un tema relacionado coas especialidades do Máster.
Para a correcta realización do traballo é necesaria a participación activa: asistencia (alumnos/as presenciais) e seguimento continuado (alumnos/as en liña)

80
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 B5 B17 C5 C6 C7 Presentación oral do traballo tutelado.
A presentación oral é obrigatoria para os/as alumnos das dúas modalidades
Valorarase o uso dos recursos aprendidos na materia.
O alumnado presencial, deberá presentala na aula.
O alumnado en liña, disporá de dúas opcións para a súa presentación:
- Vía Skype na mesma data que os compañeiros/as con modalidade presencial.
- Mediante o envío dun vídeo da presentación, que será proxectado na aula, nas datas previstas para as presentacións
20
 
Observacións avaliación

É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo no traballo tutelado, a metade da máxima cualificación otorgable ( 4 de 8).

A avaliación do alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia será igual que a do alumnado con dedicación completa.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos cualificables
serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

Co fin de facilitar a participación a interacción entre o alumnado en liña
e presencial, abriranse foros virtuais.

Os alumnos en modalidade en liña, poderán contar con titorías vía Skype
(previa cita) ou por correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes