Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Traballo Final de Mestrado (TFM)
   Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Descrición
Atención personalizada Coordinación dos TFMs:
- A información sobre o proceso e prazos para a realización e defensa do TFM, así como outros temas de interese serán publicados e comunicados pola coordinadora dos TFMs a través das vías institucionais: Moodle e correo electrónico da udc.
- Dende a coordinación realizaranse titorías grupais para informar o proceso de realización e defensa do traballo. levarán a cabo titorías virtuais para favorecer a participación do alumnado en liña. Para ambas as modalidades abrirase un foro na plataforma Moodle, co obxecto de resolver calquera dúbida sobre o proceso de realización e defensa do TFM.

Atención personalizada dirección dos TFMs:
- O Traballo de Fin de Máster, realizarase baixo a supervisión dun/a director/a. (Tamén se admite a co-dirección)
- O/a director/a ocuparase de guiar ao estudante no proceso de realización da investigación.
- Antes da presentación ou defensa pública do TFM, o/a director/a terá que emitir a súa conformidade a través da secretaría virtual nas datas previstas.
- A vía de comunicación e o calendario, será o establecido entre o/a estudante e o seu director/a.
A titorización do alumnado en modalidade en liña, realizarase de maneira virtual, mediante os sistemas establecidos entre o/a alumno/a e o/a director/a de o traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes