Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estatística aplicada ás ciencias sociais 1
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introdución e conceptos básicos. Aplicación da estatística ás ciencias sociais. Conceptos básicos. Tipos de variables e niveis de medición.
TEMA 2: Presentación e representación de distribucións. Presentación de distribucións univariables: frecuencias absolutas, frecuencias relativas e porcentaxes. Formas básicas de representación gráfica: gráfico de sectores, gráfico rectangular, diagrama de barras e histograma. Outras formas de representación gráfica.
TEMA 3: Características dunha distribución univariable. Medidas de posición centrais: media, mediana e moda. Medidas de dispersión: rango, varianza e desviación típica. Medidas de forma: asimetría e curtose.
TEMA 4: Estatística descritiva bivariable. Distribucións bivariables. Presentación e análise de táboas bivariables. Independencia e asociación. Características dunha asociación de dúas variables. Medidas de asociación para variables nominais e ordinais.
TEMA 5: Regresión e correlación simple. Concepto de covarianza. Diagrama de dispersión e curva de axuste. Concepto e tipos de correlación. Coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións. A ecuación de regresión e o seu axuste polo método de mínimos cadrados. Cálculo dos coeficientes de regresión. O coeficiente de determinación e a súa interpretación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes