Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Statistics Applied to the social sciences 1
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A7 B7 C3 Coincidindo coas sesións prácticas realizaranse dous tipos de probas evaluables para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia.

Primeiro tipo: exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados. Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias.

Segundo tipo: resolución de supostos prácticos para os que será necesaria a utilización dalgunha ferramenta informática revisada ao longo do curso empregando bases de datos que se facilitarán na proba.

Estímase que se realizará polo menos unha proba evaluable de cada tipo durante o curso.
50
Objective test A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 Consistirá nunha proba global na que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias.
A data de realización desta proba acordarase ao inicio do curso e deberá ser anterior a celebración do exame oficial de primeira oportunidade.
40
Guest lecture / keynote speech A5 A7 A16 A26 B3 Valorase a asistencia e a participación activa durante as sesións maxistrales 10
 
Assessment comments

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. A cualificación final obterase promediando as cualificacións das distintas probas realizadas sempre que se acade un mínimo de 3 puntos sobre 10 na proba obsxectiva e nas prácticas de laboratorio.

No caso de que non se acaden os mínimos requiridos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, o alumnado poderá presentarse a avaliación da asignatura nas convocatorias oficiais  que consistirá nun exame que abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas.

Os exames celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de primeira e segunda oportunidade. 

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica se acordará a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible a súa dedicación. 

INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA. 


- As prácticas avaliables han de entregarse en clase no día sinalado. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes