Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Political Economics
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A6 B3 B4 Estas probas representarán o 80% da nota final. Realizaranse nas convocatorias oficiais segundo o calendario fixado pola Facultade. En función da evolución do curso poderá realizarse un exame pre-final, previo ás probas obxectivas e que poderá ter carácter liberatorio.
Os/as profesores/as encargados/as da materia determinarán o tipo de material e recursos que poderán utilizarse nos exames, quedando
terminantemente prohibido o uso de dispositivos e teléfonos móbiles. Se se permitise o uso de calculadoras, cada alumno/a deberá vir provisto da súa, para o seu uso individual e exclusivo. Unha vez comezadas as probas obxectivas, quedará prohibido o acceso a éstas aos/as alumnos/as que accedan máis tarde da hora fixada para o comezo dos exames.
80
Problem solving B4 Estes traballos representarán o 20% da nota final e a cualificación obtida nos mesmos, desenvolvidos ao longo do curso, manterase para a oportunidade de Xullo. Valoraranse os supostos prácticos e a resolución de problemas realizados polo/a alumno/a. O prazo e o modo de entrega serán de obligado cumprimiento. Non se admitirán excepcións. 20
 
Assessment comments
De acordo co establecido no Artigo 7.5 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social o 4 de maio de 2017), non se admite a dispensa de asistencia a clase nesta materia.
As actividades de docencia presencial do curso abarcarán clases teóricas e clases prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes