Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Introdución á ciencia política e da administración
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 Neste caso trátase de valorar a asistencia regular dos estudantes ás clases. 20
Traballos tutelados A17 B1 B5 B12 B17 Trátase da valoración da serie de exercicios descritos máis arriba (véxase apartado de "metodoloxía") que han de realizarse, ben por escrito, ben asinando unha folla de asistencia aos mesmos. A principio do curso os estudantes serán puntualmente informados o tipo de prácticas que han de realizar, como realizalas, e de cales delas serán consideradas para a súa avaliación. 20
Proba obxectiva A24 B3 Trátase dunha proba na que os alumnos haberán de responder por escrito a unha serie de preguntas relacionadas cos contidos do temario da materia. 60
 
Observacións avaliación
1º) OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO COMPLETO.


CUESTIÓNS XERAIS.

A utilización dos créditos ECTS como unidade de medida académica, implica a avaliación continua dos estudantes a través dun seguimento do seu aproveitamento das clases, tanto teóricas como prácticas, así como a valoración do nivel de coñecementos e competencias adquiridos. En consecuencia, a nota final de cada estudante estará composta polos seguintes elementos, que se sumarán independentemente do valor que adquira cada un deles, tanto na convocatoria de 1º como de 2ª oportunidade:

A) Asistencia: 20%. Para ter constancia da asistencia dos estudantes, a profesora facilitaralles na aula a correspondente folla de firmas.
B) Presentación de traballos: 20%. Os estudantes unicamente deberán entregar as dúas prácticas sinaladas para ese efecto no Programa de Exercicios, que son as que serán sometidas a avaliación, e nelas valorarase a adquisición das competencias tipo B. A profesora se reserva a posibilidade de non avaliar os traballos que non se axusten ás esixencias formais requiridas no Plan de Traballo da materia (índice, apartados, identificación do traballo, etc.).
C) Proba escrita de avaliación: 60%. Nesta proba valorarase o nivel de coñecementos sobre a materia (competencias tipo A) adquirido polo estudante ao longo do curso. O tipo de proba será explicado na aula pola profesora coa antelación suficiente.


INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA.

1º) As prácticas avaliables han de entregarse en clase o día sinalado no Plan de Traballo. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas. En calquera caso, os TRABALLOS DEBEN ESTAR ENTREGADOS ANTES DA CELEBRACIÓN DA PROBA ESCRITA DA CONVOCATORIA DE 1ª OPORTUNIDADE e, por tanto, NON SE PODEN ENTREGAR TRABALLOS NA CONVOCATORIA DE 2º OPORTUNIDADE. Se un estudante só se presenta á convocatoria de 2ª oportunidade e quere que os seus traballos sexan avaliados, debe presentalos atendendo ás instrucións anteriores.
2º) Non se poden repetir os traballos entre as convocatorias de 1ª e 2ª oportunidade do mesmo curso académico. Só se o estudante non supera a materia en ningunha das convocatorias dun mesmo curso académico, terá a oportunidade de repetir os traballos e entregalos nos prazos establecidos para o seguinte ou seguintes cursos.
3º) Nesta materia non se contempla a celebración de probas extra ou a entrega de traballos adicionais para subir nota.
4º) Os xustificantes de ausencia (cuxo modelo será facilitado pola profesora) deben entregarse na semana inmediatamente posterior á devandita ausencia e, en calquera caso, deben estar en posesión da profesora ANTES DA FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE CLASES. Por tanto, NON SE ADMITIRÁN XUSTIFICANTES DE AUSENCIA DESPOIS DESTA DATA. Respecto destes xustificantes, a profesora se reserva a posibilidade de esixir aos estudantes os documentos que corroboren a causa aducida para xustificar a ausencia.

NOTAS:
- Estas instrucións só teñen por obxectivo ordenar o proceso de avaliación desta materia, que durante os últimos anos tivo unha media de 100 estudantes matriculados. A posibilidade de establecer excepcións ás mesmas queda suxeita a circunstancias particulares daqueles estudantes que as poñan en coñecemento da profesora no primeiras catro semanas do curso.
- Advertencia sobre o plaxio. Os traballos requiridos aos estudantes han de ser orixinais. As citas de calquera fonte deben ir convenientemente entrecomilladas e coa referencia correspondente. No caso de que a profesora detecte este tipo de práctica, o traballo ou traballos involucrados quedarán automaticamente sen avaliar.




2º) OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO PARCIAL.

Para aqueles estudantes acollidos á situación de recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña"), observaranse as seguintes normas de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade:
1º) Realización do exame oficial na primeira ou segunda oportunidade. A materia do devandito exame é a mesma e prepárase cos mesmos Manuais que no caso do resto de estudantes. O seu valor sobre a nota final será dun 70%.
2º) Presentación dun traballo nas datas establecidas para os exames da primeira ou segunda oportunidade. O devandito traballo versará sobre un asunto relacionado coa temática da materia que se acordará coa profesora na primeira titoría realizada para ese efecto. O seu valor sobre a nota final será dun 30%. O estudante que entregue o seu traballo na convocatoria de exame da primeira oportunidade non poderá repetilo en caso de ter que presentarse de novo ao exame na segunda, pero a cualificación quedará gardada. Non se poderá superar a materia sen presentar o traballo obrigatorio.
3º) Para acollerse a esta modalidade de avaliación, é condición sine qua non que os estudantes nesta situación PÓÑANSE EN CONTACTO COA PROFESORA DA MATERIA DURANTE AS TRES PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE. Este requirimento ten o obxecto de planificar e acomodar o seguimento da materia de forma individualizada e en función das circunstancias de cada estudante. Por tanto, non se admitirá que un estudante recorra a esta modalidade de avaliación unha vez superado o devandito prazo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes