Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría e historia da poboación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Son as clases teóricas nas que os profesores abordan os conceptos e aspectos básicos do temario da materia.
Lecturas Cada tema do programa tendra unhas lecturas obrigatorias asociadas que deberan lerse atentamente pois son materia de exame
Recensión bilbiográfica Os alumnos deben escoller a lectura dun libro (entre tres libros designados polos profesores) e realizar unha recension critica desta.
Aprendizaxe colaborativa Haberá sete horas destinadas a traballar en equipos pequenos. Cada equipo de traballo deberá expoñer unha lectura das seleccionadas polos profesores
Prácticas a través de TIC Consiste na realización de clases prácticas, en grupos medianos, sobre cuestións relacionadas coa demografía e a evolución da poboación. As prácticas son definidas polos profesores sobre temas de actualidade e utilizásense ordenadores e o programa informático EXCEL para levalas a cabo.
Proba de ensaio Realizásense dous controis ao longo do cuadrimestre. Será necesario aprobar os dous controis para superar a materia. En caso contrario, o alumno deberá evaluarse de novo dos controis suspendidos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes