Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría e historia da poboación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.
Lecturas Cada tema do programa tendra unhas lecturas obrigatorias asociadas que deberan lerse atentamente pois son materia de exame
Obradoiro Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión dos profesores da materia.
Prácticas a través de TIC Consiste na realización de clases prácticas, en grupos medianos, sobre cuestións relacionadas coa demografía e a evolución da poboación. As prácticas son definidas polos profesores sobre temas de actualidade e utilizásense ordenadores e o programa informático EXCEL para levalas a cabo.
Proba obxectiva Exame, correspondente ás convocatorias oficiais sobre a totalidade do temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes