Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Hª política e social contemporánea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A3 A8 A10 B5 B13 B24 B26 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da participación activa por parte dos alumnos 15
Lecturas A1 A3 A8 A10 B5 B12 B13 B24 B26 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da exposicion na aula dunha das lecturas, encomendada a un grupo 10
Proba obxectiva A1 A3 A8 A10 A17 B5 B13 B24 B26 A avaliacion basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno a materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obligatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto. E imprescindible aprobar o exame escrito para superar a materia 75
 
Observacións avaliación

As cualificacións finais serán o resultado da suma de dous bloques de notas.

Dun lado a proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao final do curso, que aportará o 75% da nota. Será imprescindíbel aprobar este exame para poder aprobar a materia. Non presentarse ao exame final conlevará a cualificación de "Non Presentado" na materia.

Doutro lado a participación activa en clase (discusión dirixida, estudo de casos e reflexión
sobre lecturas), e no seu caso a exposición das lecturas con cargo a grupos, que aportarán conxuntamente o 25% da nota. Se un membro do grupo non asiste a presentación oral o día sinalado, non
poderá recibir cualificación por este concepto.

Caso de que o estudante non se presentase a/ou non
superase o exame na convocatoria de xuño, as cualificacións correspondentes ao
concepto “b” (participación activa en clase e exposicións por grupos) poderanse
gardar para a convocatoria de xullo.

UNICAMENTE para aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a calificación final dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao final do curso, que aportará o 100% da nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes