Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.

Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados.

A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi imporante e moi valorado.

Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser máis difíciles de acceder ou de asimilar. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
Lecturas Nos temas do programa existen un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates.
As aulas son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas. Por esa razón cómpre ter leídos os textos sobre os que se falará na aula. Os textos da bibliografía son parte do material a partires do cal avaliaranse os coñecementos.
Traballos tutelados Hai varios tipos de traballos tutelados, como as prácticas realizadas en clase (de forma individual ou grupal), a realización dun portafolio ou a elaboración dunha recensión. Estes traballos serven para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia.
Presentación oral
Un dos traballos realizado polo alumnado será exposto en clase.
Proba de ensaio Exame final sobre os contidos da materia explicados nas sesións maxistrais e nos recolleitos nas lecturas obrigatorias. A data é marcada oficialmente pola UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes