Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  International relations
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Introductory activities B1 Valoraráse a correcta execución formal e material do traballo, prestando atención ó dominio dos contidos, pero tamén ós aspectos reflexivos e expresivos, así como a adquisición das diversas competencias da materia 5
Guest lecture / keynote speech C3 Valoraráse positivamente a asistencia así como a intervención activa dos alunos nas sesións maxistrais 5
Objective test A8 B3 C1 C4 Valoraráse o coñecemento e dominio dos contidos, non só memorístico se non tamén reflexivo, así como a adquisición das diversas competencias da materia 70
Supervised projects A33 A36 B15 B26 Valoraráse a correcta execución formal e material do traballo, prestando atención ó dominio dos contidos, pero tamén ós aspectos reflexivos e expresivos, así como a adquisición das diversas competencias da materia 10
Simulation A33 B1 Valoraráse a correcta execución formal e material do traballo, prestando atención ó dominio dos contidos, pero tamén ós aspectos reflexivos e expresivos, así como a adquisición das diversas competencias da materia 10
 
Assessment comments

En canto ao sistema de avaliación en xeral, establécese un sistema de avaliación continua, que se articula ao redor da superación dun exame final, que suporá o 70% da cualificación global, e dunha serie de actividades dirixidas durante o curso, que representarán o 30% da cualificación global. O exame final, que se realizará ao final do semestre, desenvolverase de forma escrita e consistirá en diversas preguntas baseadas en epígrafes do programa. O nivel mínimo esixido para a superación desta proba é de 5 puntos sobre 10. En caso contrario, a materia non se considerará aprobada. Á súa vez, as actividades dirixidas, que se realizarán durante todo o semestre, consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodológicas, bibliográficas e documentais. As cualificacións obtidas nas actividades dirixidas teranse en conta para a cualificación final da materia nas dúas oportunidades da convocatoria de exames (maio/xuño de 2015 e xullo de 2015). MODELO DE AVALIACIÓN A): Necesariamente, os alumnos deberán realizar as 3 actividades complementarias previstas na programación de actividades da materia. Pero puntuará para a avaliación global da materia só 1, que será elixido de xeito aleatorio polo profesor. O nivel mínimo esixido para a superación da actividad dirixida sería dunha cualificación global de 5 puntos sobre 10. En caso contrario, a materia non se considerará aprobada. Os alumnos poderán beneficiarse das cualificacións obtidas nas actividades dirixidas durante as convocatorias ordinarias e/ou extraordinarias ás que teñan dereito no curso académico correspondente. Así mesmo, valoraranse positivamente para a cualificación global outras actividades que vaian organizando os profesores da materia ao longo do curso, como xornadas, seminarios, congresos ou actividades doutra natureza. Na avaliación global tamén se terá en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, nas tutorías e nas demais actividades da materia. MODELO DE AVALIACIÓN B): Os alumnos que non poidan seguir o modelo de avaliación A) deberán realizar un exame final escrito sobre os contidos da materia, cuxa cualificación será máxima será de 10 puntos sobre 10. Así mesmo, valoraranse positivamente para a cualificación global outras actividades que vaian organizando os profesores da materia ao longo do curso, como xornadas, seminarios, congresos ou actividades doutra natureza. Na avaliación global tamén se terá en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, nas tutorías e nas demais actividades da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes