Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 615G01210
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
González Flores, María
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
maria.gflores@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Socioloxía da Educación trata o feito social, histórico, político e cultural da educación. A educación non pode ser estudada coma un feito social illado, senón que se trata dun complexo fenómeno atravesado por cuestións tan amplas como poden ser a economía, a clase social, o xénero, a etnia, o poder, a diversidade cultural, a familia, a estratificación social, a desigualdade, os ideais pedagóxicos, as políticas educativas, etc. Por todo isto é preciso abordar a súa comprensión dun xeito holístico e sen esquecer as múltiples relacións e interaccións entre os niveis micro e macro sociolóxicos. Para coñecer e analizar en profundidade estes temas, durante o desenvolvemento da materia formarase ao alumnado nos principais paradigmas teóricos da socioloxía clásica e contemporánea vencellados coa educación formal e tamén con contextos/articulacións informais: analizararemos criticamente o papel tradicional da escola como un axente e dispositivo socializador, reflexionaremos sobre as súas funcións e as súas posibles alternativas, e discutiremos as relacións entre a educación e a economía, a estratificación, os movementos sociais, a construcción das diferencias sexuais, a diversidade étnica, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ante unha situación de excepción, os contidos non se verían modificados. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral, Aprendizaxe colaborativa (traballos en equipo), Recensión bibliográfica, Proba de ensaio. *Metodoloxías docentes que se modifican A Sesión maxistral convértese nunha clase asíncrona gravada en Teams: os enlaces distribúense vía e-mail e as clases son subidas a Moodle; é complementada cunha titoría colectiva semanal para comentar interactivamente a clase teórica. A Aprendizaxe colaborativa se mantén, cunha modificación: o alumnado poderá optar por facer unha presentación telemática do seu traballo vía Teams, ou pola achega dun informe escrito; a proba de ensaio, en lugar de presencial será realizada vía Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ademais do uso diario do correo electrónico, empregaranse as seguintes plataformas: Moodle: Un día á semana súbense os materiais correspondentes (power-points, enlaces, lecturas e links ás clases e titorías colectivas). Teams: Un día á semana grávase a clase asíncrona e distribúese vía Teams e vía Moodle ao alumnado. Un día á semana ten lugar unha titoría colectiva teórica, gravada en Teams e subida posteriormente a Moodle. Un día á semana ten lugar unha titoría colectiva e/ou unha sesión práctica gravada. 4. Modificacións na avaliación Non se producirían cambios en canto á avaliación. Tan só mudaría a consideración da asistencia e participación do alumnado na aula, que pasaría a ser avaliado -nese apartado- soamente polas súas prácticas entregadas. *Observacións de avaliación: Para o alumnado de avaliación non continua e con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica aplicaranse as seguintes modificacións: celebrarase un exame cun valor total do 40%, e deberá ser entregada unha recensión bibliográfica (30%) e un traballo sobre os materiais audiovisuais distribuídos polo profesor (30%). A maiores e de ser o caso, a materia adaptará a avaliación aos/as alumnos/as ADI segundo as recomendacións da Coordinación do PAT da Facultade de Socioloxía 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes