Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidades para tomar e elaborar apuntes propios a partir das explicacións nas aulas e do material das lecturas e videos a empregar para a súa correcta elaboración. Capacidade para traballar con documentos orixinais de información e para elaborar información propia de cara a encamiñar os traballos individualmente e/ou en equipo que teñan por obxecto detectar posibles poboacións obxecto de integración, de intervencións principalmente educativas para paliar ou recuperar a súa vulnerabilidade económica, política, social, ecolóxica, de desigualdade, violencia, etc. Adquisición de habilidades para a xestión de recursos humanos e de organizacións e para traballar en grupo dentro e fóra da aula. A8
A9
A19
A20
A21
A23
A25
A29
A31
A32
A33
B5
B10
B12
B13
B24
B27
C1
Coñecemento das principais teorías sociolóxicas sobre a sociedade e os seus procesos educativos, sobre os compoñentes básicos das desigualdades sociais e as diferencias culturais e de educación, sobre as transformacións e a evolución das sociedades contemporáneas, sobre o poder, a lexitimidade e o Estado. Comprensión da organización política e institucional da educación dende unha perspectiva sociohistórica, dende o nacemento da sociedade industrial ata os nosos días. Comprensión da variedade e da pluralidade do estudantado e da complexidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe. A1
A8
A9
A10
A12
A33
B20
Manter unha actitude crítica, creativa, construtiva, científica e dialóxica fronte ás doutrinas e prácticas sociais, así como amosar actitudes de compromiso, diálogo e empatía ante problemas sociais e culturais, atendendo por exemplo ás desigualdades de xénero respecto da educación, ás violencias e tamén ao respeto á ecoloxía e ao medio ambiente. Manter unha actitude de respeto e de escoita activa, e involucrarse no traballo colaborativo, en equipo, flexible e adaptado ás diferentes situacións. Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía aberta, atenta, coidadora, activa, crítica, comprometida, democrática e solidaria. Ser capaz de atender, entender, escoitar, debatir, observar, analizar a realidade, facer diagnósticos dalgúns problemas e propoñer solucións baseadas no ben común e nunha ecoloxía plural de saberes. A35
A36
B5
B12
B13
B16
B18
B19
B25
C4
C6
C7
C8
Respetar, aprender e disfrutar das aportacións dos demais, así como ser capaz de superar os inconvenientes xurdidos a través das aprendizaxes colaborativas como ferramenta elemental dunha ética dialóxica que sexa capaz de manter ao longo do tempo a argumentación das evidencias para defender unha actitude crítica e responsable a nivel profesional e personal. A34
A35
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes