Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ó estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar as aprendizaxes dos contidos da asignatura a través do estudo da bibliografía e a confección de apuntes propios polo alumnado.
Aprendizaxe colaborativa Participación e colaboración de principio a fin en traballos que deberán ser presentados na clase por un grupo ou equipo de traballo conformado por estudantes. As aprendizaxes colaborativas axudan a darlle significación á educación e serven para experienciar academicamente o significado sociolóxico do proceso de cambio socioformativo que se está a desenvolver na actualidade.
Recensión bilbiográfica O alumnado deberá presentar por escrito unha recensión e análise de lecturas seleccionadas de entre os textos indicados polo profesor. Poderán ser citados para revisar o contido destas recensións. A súa avaliación favorecerá o traballo feito en grupo e a súa presentación conxunta así como a elaboración creativa. A presentación das recensións é unha actividade obrigatoria para todo o alumnado. Aqueles outros alumnos que prefiran ser avaliados a través da avaliación non continua tamén deberán presentar esta recensión na data fixada polo profesor.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, imaxinar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes