Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 A9 A10 A12 A34 A35 A36 B5 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B20 B24 B25 B27 Terase en conta a asistencia regular ás clases -poderá pasarse unha folla de sinaturas-, o bo comportamento na aula e a participación continuada no curso, amosando interese, coidando ás compañeiras e ós compañeiros, intervindo nos debates e realizando as distintas prácticas e actividades que se desenvolvan en relación coa materia, dentro e fóra da aula. 15
Aprendizaxe colaborativa A21 A23 A25 A29 A32 A33 A34 A35 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B27 C4 C7 C8 A aprendizaxe colaborativa esixe responsabilidade individual e colectiva, serve para incrementar as aprendizaxes teórico-experienciais e para activar mecanismos de comportamento en favor da comunidade e dun bo clima social.

Formaranse grupos de 4/5 persoas na aula. Da listaxe de películas e materiais audiovisuais propostos, cada grupo elixirá unha delas –non se poderán repetir– e procederá a realizar unha exposición creativa e rigurosa na aula, podendo empregar todo tipo de soportes, materiais e/ou metodoloxías (textos, gráficos, imaxes, vídeos, música, performance, teatro, fotografías, roll-playing, etc.). As exposicións terán unha duración aproximada duns 15 minutos e deberán servirse dalgúns dos conceptos e teorías traballados na aula.

25
Proba de ensaio A1 A8 A10 A21 A35 A36 B5 B13 B18 B20 B24 B25 B27 C1 C4 Ao longo do curso iranse realizando distintas probas escritas na aula. Ao remate de certos temas, o alumnado terá que responder varias preguntas relacionadas cos contidos da materia e cos materiais e as lecturas que se estean seguindo na aula. Ditas probas poderán ser liberatorias respecto ao exame de 1ª oportunidade. 35
Recensión bilbiográfica A8 A9 A10 A12 A34 A36 B5 B10 B12 B13 B18 B19 B24 B25 C8 O valor da lectura reflexionada e enriquecida pola experiencia vivida da persoa axuda a fomentar a creatividade e o sentido crítico. Ademais, serve para a construción de valores positivos en prol da colectividade cando é fruto dunha reflexión dialóxica. As lecturas terán que ser relacionadas co resto das actividades prácticas realizadas durante o curso.

Da listaxe de libros propostos na aula, o alumnado –dividido en parellas– deberá escoller un deles e facer unha recensión.
25
 
Observacións avaliación

A materia ten dous métodos principais de avaliación: continua e non continua

1) Avaliación continua:

A cualificación final obterase promediando as cualificacións dos
distintos apartados, sendo necesario -para aprobar a asignatura e poder
sumar en tódolos apartados- obter alomenos unha puntuación de 1'75
(sobre 3'5) nas probas na aula (probas de ensaio). O alumnado que supere
ditas probas e teña os puntos totais suficientes para aprobar a materia
(5 sobre 10) estará exento de presentarse ao examen oficial de 1ª
oportunidade, aínda que poderá presentarse para subir nota.

2) Avaliación non continua:

O alumnado presentarase ao exame oficial de 1ª oportunidade, que
supondrá o
55% da nota total. Para aprobar dito exame deberá alcanzar unha
puntuación mínima de 3 (sobre 5'5). Ademais, deberá entregar na mesma data de exame unha recensión individual dunha das lecturas
acordadas
previamente co profesor (25% da nota total), así como un traballo
sobre
unha das películas tamén acordadas co profesor con anterioridad e
(20% da
nota total).

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a
tempo parcial e dispensa académica exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías
compatible coa súa adicación. En caso de non acordar uns elementos de avaliación particulares, na primeira e segunda oportunidade os
criterios
de avaliación rexiranse dacordo á modalidade de avaliación non
continua.

  • Os criterios e a planificación desta guía
    docente
    son de carácter orientativo. Considerando a heteroxeneidade do alumnado e
    según o criterio do profesor poderán ser obxecto de algunha adaptación
    puntual. Todo isto deberá ser debidamente informado e xustificado aloprofesor en horario de titorías para ser tratadas as excepcións á
    norma e
    explorar as posibles adaptacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes