Guia docenteCurso
Facultad de Sociología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise demográfica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A4 A5 A8 A9 A14 A16 A24 B3 B4 B5 B6 B13 B25 B26 B27 C1 Ten un valor máximo de 5 puntos sobre a nota final cando o/a alumno/a opta pola modalidade de avaliación continua. En caso contrario, o exame vale o 100% da nota final. Na modalidade de avaliación continua é preciso aprobar o exame para que se teña en conta a cualificación obtida no conxunto das prácticas de análise demográfica. 50
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A8 A15 A17 A19 A33 A36 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B13 B21 B25 B26 B27 C1 C3 O conxunto de prácticas de análise demográfica teñen un valor de 5 puntos sobre a nota final, sempre que o/a alumno/a opte pola modalidade de avaliación continua. A súa entrega realízase a través da Moodle. 50
Presentación oral A4 A8 A9 A17 A24 A36 B1 B3 B6 B10 B12 B21 B25 B26 B27 C1 C3 C8 É voluntario realizar ou non unha ou máis presentacións orais ao longo da materia. En consecuencia, esta metodoloxía non ten unha puntuación concreta e preestablecida, senón que servirá para redondear a nota final obtida a través da suma do portafolios máis a proba obxectiva. 0
 
Observacións avaliación

A nota do conxunto de prácticas consérvase para a convocatoria de xullo desta materia. 

A avaliación será a mesma para todo o estudantado, con independencia do tipo de matrícula (a tempo completo ou parcial).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes