Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Desviación e control social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A35 B3 B13 C4 C6 A través de materiais asignados previamente, desenvolveranse exercicios presencias de discusión dirixida. A participación do alumno recollerase mediante folla de firmas. Pola asistencia a ¾ partes das clases dedicadas á sesións de discusión dirixida outorgaranse dous puntos que representarán o 20% da cualificación final. 20
Traballos tutelados A19 A21 A32 A35 B3 B9 B13 C6 C4 A suma dos dous traballos tutelados representará un 30% da cualificación final. A realización destes traballos é de carácter obligatorio, prerrequisito para presentarse ao exame final. 30
Proba mixta A19 A21 A32 A35 B3 B9 B13 C6 O exame final representa o 50% da cualificación final. 50
 
Observacións avaliación
Prevese contemplar traballos sustitutivos non-presenciais optativos para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Para a segunda e posteriores convocatorias, a avaliación será mediante proba mixta de preguntas de resposta múltiple e preguntas breves de desenvolvemento sobre os contidos das lecturas asignadas.

Seguindo as recomendacións do Comité Ambiental de Green Campus do Centro, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes