Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación por enquisas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A16 A15 B27 B18 B17 B13 B12 B10 B7 B4 B3 B2 B1 C4 O proxecto de investigación en grupo contribuirá ao 40% da nota final.


Fixarase unha data límite para a entrega do proxecto de investigación. Non se admitirá o proxecto de investigación para avaliación fóra de prazo.


O proxecto de investigación solicitaráse en formato dixital.
40
Prácticas de laboratorio A14 A16 A17 B1 B2 B4 B5 B7 B12 B23 B25 C3 Se o trascurso da materia o permite, catro das prácticas realizadas no laboratorio computarán para a nota final. Cada unha desas prácticas desenvolveráse en grupo e contribuirá ao 10% da nota final.

Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo.

As prácticas solicitaranse en formato dixital.
10
Presentación oral A15 A24 B6 B12 B13 C1 A presentación oral do traballo de investigación contribuirá ao 10% da nota final. 10
Proba obxectiva A7 A14 B3 B5 B21 Realizarase unha proba obxectiva que contribuirá ao 40% da nota final. 40
 
Observacións avaliación
O sistema de avaliación que se prantexa é de avaliación continua, no que cada unha das partes ten un peso específico para o cómputo da nota final da materia. Se un/ha alumno/a non presentase a calquera dos catro elementos de avaliación (prácticas de laboratorio; proxecto de investigación; presentación oral; ou proba obxectiva), tería como nota na avaliación continua un "non presentado".

No caso de que a nota na avaliación continua sexa un "non presentado" ou que non se obteñan os mínimos esixidos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, os estudantes poderán presentarse a unha proba obxectiva única que comprenderá toda a materia. Esa proba obxectiva constará de preguntas curtas e/ou de resposta múltiple e de exercicios prácticos.

Aos estudantes que teñan superada a proba do proxecto de investigación e da presentación oral cunha nota igual ou superior a 5, faráselle promedio da nota obtida na proba obxectiva (60%), e no proxecto de investigación (40%).

Aqueles estudantes que non participaran activamente nun dos grupos do traballo de investigación e non teñan superada dita proba deberán entregar un proxecto de investigación individual. Neste caso, a proba obxectiva contribuirá ao 60% da nota final e o traballo de investigación individual contribuirá ao 40% da nota final.

A proba obxectiva única farase nas datas que estableza o centro nos calendarios oficiais de exames.

O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia terá que avaliarse, preferentemente, mediante a realización da proba obxectiva única e o traballo de investigación individual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes