Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Sociology of the family
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2020/21
Subject (*) Sociology of the family Code 615G01305
Study programme
Grao en Socioloxia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Martínez Buján, Raquel
E-mail
raquel.bujan@udc.es
Lecturers
Martínez Buján, Raquel
Moré Corral, María Paloma
E-mail
raquel.bujan@udc.es
paloma.more@udc.es
Web
General description A especialidade dun campo científico sobre a familia dentro do Grao de Socioloxía responde á necesidade de analizar as repercusións da dinámica familiar e os seus cambios en relación ás transformacións que ocorren no resto dos subsistemas sociais (as institucións económicas, educativas e políticas). Aínda que os inicios desta disciplina vincúlanse a outros campos académicos como a historia e a demografía, o desenvolvemento que tivo a socioloxía española nos anos sesenta levou a un avance nesta materia. A familia comezou a formar parte dos estudos sociolóxicos ao entenderse que o cambio familiar non afecta unicamente á composición e estrutura dos fogares, senón tamén á cultura na que se insere. Aínda así, no noso país as investigacións e a docencia no ámbito da Socioloxía da Familia estiveron moi vinculadas a institucións relixiosas e eclesiásticas. As achegas teóricas de autoras feministas han ido modificando ese panorama ata que na actualidade prácticamente non se entende que poida estudarse a familia sen a incorporación dunha perspectiva de xénero. Precisamente ese será o enfoque que predominará na docencia desta materia. Por iso, comezaremos explicando no tema 1, A evolución da familia en España, os cambios básicos máis relevantes na estrutura da familia así como os elementos que incidiron no seu cambio. Este tema permítenos adquirir unha visión xeral de como se modificaron as estratexias e pautas da formación das familias entendendo que os novos comportamentos son produto dos procesos de modernización, privatización da vida familiar e aumento da autonomía individual dos seus membros. Desta primeira aproximación ás formas familiares en España e a súa evolución histórica penetrámonos nun capítulo máis teórico, o tema 2 “Buscando o lugar das familias na teoría sociolóxica”, enfocado ao ámbito de como a socioloxía analizou ás familias desde as opcións máis clásicas cara ás máis contemporáneas. O capítulo 3, As achegas da teoría feminista ao estudo das familias, segue sendo eminentemente teórico pero incorpora os avances que as teorías feministas han realizado aos estudos da familia en España e cales foron as súas repercusións noutras disciplinas académicas. Destacarase fundamentalmente o novo xiro das teorías feministas cara ao estudo dos traballos de coidados nas familias e a repartición do traballo reprodutivo entre xéneros e xeracións. Despois de visualizar as teorías non penetramos no ámbito das dinámicas familiares internas. É dicir, a organización real das familias segundo a súa composición e as actitudes culturais dos seus membros. Neste eido, estudaremos como se produce a división do traballo doméstico, como se modificou a composición dos roles familiares e que repercusións tiveron nos modelos de familias. A finalidade do tema 4, Dinámicas familiares internas, é estudar como os cambios sociais máis relevantes viñeron acompañados da axencia das mulleres e o seu papel no interior das familias. O último dos temas, Familia e Estado, analiza o papel das familias como axencias de provisión en España ante a ausencia de políticas públicas adecuadas que cubran os riscos sociais dos individuos. Este capítulo, por tanto, serve para analizar as relacións existentes entre as familias e os estados e como a fundación das políticas sociais realizouse baseándose na configuración familiar existente nese momento no país.
Contingency plan 1. Modifications to the contents 2. Methodologies *Teaching methodologies that are maintained *Teaching methodologies that are modified 3. Mechanisms for personalized attention to students 4. Modifications in the evaluation *Evaluation observations: 5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes