Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Política social e servizos sociais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necasarios para comprender a asignatura e para levar a cabo o traballo de investigación.
Discusión dirixida Trátase de levar a cabo debates nas clases sobre temas da realidade das políticas e dos servizos sociais, requeríndose a participación e o interese do alumnado. Tanto na fase expositiva da asignatura como na parte de traballos titorizados ou da propia investigación a levar a cabo o debate, tanto particularizado como colectivo, se plantexa como unha ferramenta pedagóxica moi útil.
Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as ventaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Análise de fontes documentais Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan indicadores, bases de datos, informes, estatísticas, etc.
Lecturas Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final.
Presentación oral Como parte do traballo, aprendizaxe e da avaliación, o alumnado deberá expoñer de forma individual a súa aportación, de maneira que, ademáis de constituir unha proba máis de cara á avaliación final, tamén adquira experiencia e habilidades para falar e expor en público.
Proba obxectiva A proba obxectiva consiste na realización dun exame da parte teórica da materia para verificar o coñecemento e as leituras realizadas sobre as diferentes temas da materia
Investigación (Proxecto de investigación) A asignatura consiste na demostración por parte do alumnado do que sabe facer, polo que o proxecto de investigación e o seu resultado constitúen o eixo central tanto do traballo a desenvolver como da avaliación da asignatura.
Trátase da elaboración dun traballo individual ou en equipo, que se concertará co profesor, dentro dunha relación amplia de temas posibles: poderá ser de carácter xeral ou específico sobre algún aspecto concreto da realidade das políticas e servizos sociais.
Este traballo deberá ser teórico práctico. É dicir, na parte teórica se explicitarán aqueles contidos vistos en clase e outros recopilados polo alumnado sobre a información existente sobre o tema escollido, para dominalo e que non se den repeticións nin erros. Mentras que a parte práctica ou empírica deberá reflictir a información primaria que aporta o alumno/a sobre o tema (ben perante técnicas de recollida de información, como son as enquisas, entrevistas, grupos de discusión, etc. ou ben perante a observación, experiencias ou outras aportacións).
O traballo entregarase en arquivo adxunto perante correo electrónico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes