Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Globalization, Environment and Population
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 Para os traballos tutelados haberá dúas formas de avaliación, ambos baseados en traballos en grupo:


Opción A. Realización dun estudo tutelado da mobilidade entre alumnos, PDI e PAS da Facultade de Socioloxía da UDC. Este estudo busca coñecer os hábitos de mobilidade e o grao de conciencia ambiental na facultade, así como identificar as claves para promover hábitos máis sostibles medioambientalmente. Os seus resultados avaliaranse en clase conforme á calidade nas fases de deseño da investigación, traballo de campo e análise. De obter a máxima cualificación, as conclusións serían incorporadas á Ecoauditoría da facultade e formarían parte do plan de acción para a obtención do certificado Green Campus, có debido recoñecemento aos seus autores/as.

Opción B. Realización dun traballo teórico en grupo sobre un tema relacionado co tema dos impactos ecolóxicos e ambientais na Galiza. Este traballo consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en profundidade a través da literatura sociolóxica e outras fontes de información e definición do problema e do estado da cuestión en investigación sociolóxica. O resultado deste traballop resentarase en formato póster, sendo avaliado na clase e posteriormente exposto e presentado en público na facultade no marco dunhas xornadas sobre Ciencias Sociais e Problemas Ambientais da Galiza. Os temas serán de libre elección por parte dos alumno/as, previa consulta co profesor do curso.


80
Document analysis A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 Realización individual de comentario de texto crítico de dúas lecturas recomendadas con relación directa coa materia do curso. A realización desta análise crítica non é obrigatoria para superar o curso, pero aporta un 20% da nota final.
20
 
Assessment comments

NOTA: A asistencia é obrigatoria polo que non se pode faltar a máis de tres clases sen xustificación


Observación para o alumnado conrecoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia: O/o alumno/a deberá porse en contacto co profesor canto antes. Na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexeranse de acordoá realización dun traballo teórico (recensión/análise crítico de lecturas indicadas polo profesor) e práctico (realización do traballo de investigación bibliográfica) e na que o/o alumno/na terá que demostrar alcanzar ascompetencias e os resultados de aprendizaxe da materia. O traballo teórico teráun peso do 20% e o práctico do 80%, é obrigatoria a realización de ambos para superar a materia. O profesor porá en práctica diversas estratexias deacordo ás necesidades que se expoñan para facilitar ao alumnado nestas circunstancias o seguimento activo da materia e a súa atención personalizada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes