Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Population Projections
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A4 B6 B13 B25 B27 Aproveitamento das lecturas realizadas nos comentarios incorporados ao portafolio.
Presentación en clase dunha das lecturas (de carácter voluntario).
10
Objective test A4 B3 B6 B27 C6 Exame correspondente ás convocatorias oficiais coa totalidade do temario.
A este exame SÓ deberanse presentar os alumnos non asistentes a clase e non avaliados a través da súa portafolio
50
Student portfolio A4 A8 A32 B3 B6 B13 B25 B27 C6 Resultados dos exercicios practicados no laboratorio de informática cos datos da poboación de estudo asignada a cada alumno.
Capacidade de análise dos resultados. De elaboración de táboas sínteses e de gráficos de evolución. E de elaboración de pirámides de poboación.
Competencia para a valoración da inercia demográfica da poboación de estudo e proposta de políticas sociais que incidan nos indicadores demográficos.
Competencia na elaboración, redacción e presentación dun Informe técnico final, cos resultados do traballo realizado durante o curso.
30
ICT practicals A4 A14 A17 B1 B2 B5 B7 C3 Capacidade de creación e aproveitamento de táboas e gráficos de síntesis.
Capacidade para localizar, acceder e explotar os datos estatísticos de base.
Competencia para a utilización dos ficheros cos procedementos para realizar os cálculos implicados nas proxeccións de poboación.
Capacidade de creación e aprovechamiento de táboas e gráficos de sínteses.
10
 
Assessment comments

Hai dous sistemas de avaliación.

ALUMNOS PRESENCIAIS: Os alumnos que sigan o curso de maneira presencial serán avaliados de maneira continua pola realización das prácticas e a entrega de informes. As lecturas, as prácticas e o portafolio representarán o 100% da súa nota.

NON ASISTENTES: Os alumnos que non asistan a clase serán avaliados mediante un exame (proba obxectiva) na data indicada pola convocatoria oficial correspondente.

Os alumnos con dedicación a tempo parcial deberán poñerse en contacto co profesor para acordar as sesións de titorías necesarias para realizar os trabaos da materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes