Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Acción colectiva e cooperación social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A3 A8 A35 A36 B2 B4 B11 B12 B13 B22 B24 B26 Participación activa na aula. Implicación nas actividades propostas, nos debates e na discusión e análise dos materiais traballados. 30
Lecturas A3 A8 A17 A35 A36 B1 B3 B5 B10 B27 C3 Lectura obrigada de textos antes de cada clase. 10
Sesión maxistral A3 A8 A36 B6 B11 B13 B18 B21 C4 Asistencia obrigada ás clases, salvo causa xustificada que deberá de ser notificada. 10
Proba de ensaio A8 A35 A36 B2 Entrega (na aula e/ou a través de Moodle) das probas de ensaio esixidas polo profesor, a partir das lecturas previas e das explicacións e discusións sostidas na clase. No caso das entregas na aula, o soporte admitido nestas probas será unicamente o papel reciclado. 50
 
Observacións avaliación

Asistencia obrigatoria a clase, salvo causa xustificada que deberá ser probada.


AVALIACIÓN NON CONTINUA

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do
curso un calendario específico de titorías compatible coa súa adicación.

Este
alumnado deberá entregar un traballo crítico e de reflexión baseado nos
materiais distribuídos e comentados na clase; para este traballo
facilitarase a información e os materiais durante o curso, en titorías
ou vía correo electrónico. As datas de entrega deste traballo individual
correspóndense coas datas de exame oficial de 1ª e 2ª oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes