Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Lingua Galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Para alén da presentación teórica dos contidos da materia realizada polo profesor em cada sesión presencial, durante estas o conxunto do alumnado realizará tamén actividades de diferente tipoloxía (prácticas ou teórico-prácticas: seminarios, obradoiros, estudos de caso, resolución de problemas, análise de fontes documentais, prácticas através de TIC, etc.) destinadas á consolidación dos contidos, á adquisición das destrezas e á implementación das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita contempladas nos obxectivos da materia
Traballos tutelados O alumnado realizará un TRABALLO TUTELADO elaborado en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) que consistirá nun estudo cualitativo dun discurso en lingua galega de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos previamente polo profesor na sala de aulas; este trabalho será realizado de acordo co seguinte procedemento:
- selección dun discurso público (oral, audiovisual ou escrito) para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos fornecidos polo docente,
- elaboración dun roteiro específico e unha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte do docente dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no ATENDEMENTO PERSONALIZADO,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- EXPOSICIÓN ORAL na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través do FORO VIRTUAL
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura dun libro escollido da listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións (véxase "Bibliografía de apoio"). Como tal proceso comprende a lectura crítica da obra, a análise do seu contido, a extracción, abstracción e hierarquización das principais ideas nele contidas e a sua valorización.
(véxanse LECTURAS, PRESENTACIÓN ORAL e FORO VIRTUAL)
Proba mixta Proba (oral e/ou escrita) en que o alunado dará conta da asimilación dos contidos vehiculados nas SESIÓNS MAXISTRAIS e da aplicación dos procedementos e conceitos metodolóxicos traballados nas aulas práticas.
Presentación oral O alumnado procederá de modo ordenado, dinámico, crítico e coherente en calquera exposición oral realizada na sala de aulas, onde presentará cuestións, conceptos ou contidos de lecturas facilitando a interacción co auditorio.
Nas presentacións orais relacionadas co TRABALLO TUTELADO e a RECENSIÓN deberán ser explicados os procesos e os resultados das actividades realizadas. Durante esa presentación pública, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o curso
Actividades iniciais Realización dun cuestionario de avaliación sobre a competencia oral e escrita en lingua galega.
Discusión dirixida Posta en común e discusión argumentada a partir das actividades realizadas na sala de aulas e das varias exposicións e presentacións orais realizadas polo alumnado.
Foro virtual Espazo habilitado pora o intercambio de materiais e a discusión dos conceptos previamente traballados na sala de aulas.
(véxanse TRABALLOS TUTELADOS, RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA e LECTURAS)
Lecturas O alumnado realizará unha LECTURA seleccionada entre unha listaxe fornecida polo profesorado no inicio das sesións (véxase a "bibliografia de apoio") e a correspondente RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA individual, realizada de acordo cos modelos e os parámetros indicados polo docente, e que despois será exposta oralmente na sala de aulas e disponibilizada para o conxunto do grupo a través do FORO VIRTUAL
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes