Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Lingua Galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados na realización, a participación ao longo dos traballos desenvolvidos nas sesións destinadas ao efecto, os contidos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados nesta actividade
20
Recensión bilbiográfica Na recensión bibliográfica da LECTURA OBRIGATORIA marcada no inicio das sesións será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo 15
Proba mixta Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre os resultados da proba mixta e os contidos explicados nas SESIÓNS MAXISTRAIS e as destrezas focados ao longo do conxunto do curso 30
Presentación oral Nas presentacións orais do TRABALLO TUTELADO e da RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA será avaliado o dominio do contido, a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, a utilidade da presentación para os propósitos da materia e, cando proceder, o traballo en equipo 20
Discusión dirixida Será avaliada a asistencia e a participación nas sesións presenciais e a interacción durante as mesmas. 7.5
Foro virtual Neste espazo virtual serán avaliados especificamente os contributos para o acompañamento da materia (preguntas, dúbidas, suxestións, debates...) 7.5
 
Observacións avaliación
A avaliación está encamiñada a determinar o nivel de consecución dos obxectivos propostos e de adquisición das competencias sinaladas nos apartados correspondentes deste guía docente. Na avaliación da materia serán levadas en conta todas as actividades desenvolvidas ao longo do curso. Estas actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e através do Foro Virtual. Os criterios específicos de avaliación para cada unha das tarefas serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia en formato “rúbrica” na sala de aulas ou por medio do Foro Virtual, xunto coas instrucións a seguir para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

Fora deste sistema de avaliación, o alumnado non integrado nas esixencias do sistema ECTS deberá superar un exame final na data marcada ao efecto pola Facultade de Ciencias da Comunicación. Este exame poderá contemplar unha parte de avaliación oral e incluirá todos aqueles aspectos téoricos e prácticos desenvolvidos ao longo do curso e que figuran no presente guía docente. Alén disto, para superar a materia, cada alumno/a deberá entregar no día do exame final a recensión bibliográfica correspondente á obra de Freixeiro Mato, X.R (2009): Lingua de calidade: vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro (Vigo: Edicións Xerais de Galicia).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes