Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Departamento profesorado máster Humanidades Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Fernandez Sanchez, Carlos
Porto Pedrido, José Ramón
Romero Sullá, Pablo
Sánchez-Tabernero Sánchez, Alfonso
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Web
Descrición xeral
Comprensión do novo escenario dixital para a xestión de contidos informativos e de entretemento; contorna legal; estratexias de programación en canles xeneralistas e de pago; estratexias de posicionamento de contidos xornalísticos e de entretemento na contorna dixital; márketing dixital; análise de audiencia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Seminarios con profesionais
*Metodoloxías docentes que se modifican
Práctica en laboratorio (non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia.
– Teams: utilizarase esta plataforma para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario, e para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%):
Valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
– As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías